Recuperación e utilización educativa de Vilas abandonadas

12 Dec 2019

O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalaxara).

Quen pode participar? Alumnos que cursen:
3º e 4º de ESO
Formación Profesional Básica
Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional
Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinanzas Artísticos
Bacharelato

Convócanse 1400 prazas para un máximo de 56 grupos de centros docentes españois, compostos por 20 a 25 alumnos acompañados por 2 profesores dos que habitualmente lles imparten clase, incluíndo se é posible o titor, coa seguinte distribución temporal:

Alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Formación Profesional Básica, un total de 6 semanas distribuídas como segue: Período de primavera:  Búbal,  Granadilla e  Umbralejo entre o 19 de abril e o 23 de maio de 2020 (5 semanas), cun total de 35 grupos.

Alumnos de Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato, un total de 8 semanas distribuídas como segue: Período de primavera:  Búbal,  Granadilla e  Umbralejo entre o 15 de marzo e o 14 de abril de 2020 (3 semanas), cun total de 21 grupos.

Requisitos
Cursar en centros educativos españois algunha dos seguintes ensinos:
3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato.
 
Dotación
Participación gratuíta na actividade que se desenvolverá de domingo pola tarde a sábado pola mañá. O traslado dos participantes desde o seu lugar de orixe ata o pobo asignado e viceversa, non está incluído nas bolsas e correrá a cargo dos interesados.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2020.

Máis información no BOE do 12 de decembro de 2019 e en:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/pueblos-abandonados-periodo-lectivo.html