Programa "Centros de educación ambiental"

12 Dec 2019

O Ministerio de Educación convoca o programa Centros de educación ambiental en Zamora e en Cantabria.

É un proxecto educativo que pretende propiciar a adquisición de coñecementos, hábitos e condutas que incidan no coidado e mellora da contorna ambiental, mediante a análise dos problemas derivados da relación do home co medio e a participación en actividades que levan á reflexión, o compromiso e a actuación responsable cara á contorna.
Así mesmo trata de fomentar hábitos de vida saudable e desenvolver un conxunto de valores como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de si mesmo, o respecto e a autoestima.
A actividade desenvólvese en Villardeciervos (Zamora) e Viérnoles (Cantabria).

Requisitos
Grupos de alumnos que cursen 5º e 6º de Educación Primaria, ESO ou Formación Profesional Básica.

Dotación
Participación gratuita na actividade que durará cinco días (incluidos os días de viaxe).

Quendas:
Convócanse axudas para un máximo de 48 grupos de 20 a 23 alumnos (1.104 axudas) coa seguinte distribución por niveis educativos:

Alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria:
Villardeciervos na primavera: catro quendas semanais entre o 27 de abril e o 22 de maio de 2020, cun total de 8 grupos.
Villardeciervos e  Viérnoles no outono: catro quendas semanais entre o 28 de setembro e o 23 de outubro de 2020, cun total de 16 grupos

Alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria:
Villardeciervos na primavera: dúas quendas semanais entre o 30 de marzo e o 3 de abril, e entre o 20 e o 24 de abril de 2020, cun total de 4 grupos.
Villardeciervos e  Viérnoles no outono: dúas quendas semanais entre o 26 de outubro e o 6 de novembro do 2020, cun total de 8 grupos.

Alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
Villardeciervos na primavera: dúas quendas semanais entre o 16 e o 27 de marzo de 2020, cun total de 4 grupos.
Villardeciervos e  Viérnoles no outono: dúas quendas semanais entre o 9 e o 20 de novembro do 2020, cun total de 8 grupos.

Con respecto aos grupos de alumnos que opten por participar no período de outono do curso 2020/21, os centros deberán ter en conta ao formular a solicitude o nivel de estudos que terán os alumnos no período de realización das actividades.  

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2020.

Máis información no BOE dO 12 de decembro de 2019 e en:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/centros-educacion-ambiental.html#dg4