Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

12 Dec 2019

A Consellería de Educación convoca un proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais:

Familias profesionais:
Administración e xestión
Agraria
Comercio e márketing
Edificación e obra civil.
Electricidade e electronica
Enerxía e auga
Fabricación mecánica
Hostalaría e turismo.
Imaxe e son
Imaxe persoal
Industrias alimentarias.
Informática e comunicacións.
Instalación e mantemento.
Madeira, moble e cortiza.
Química.
Sanidade.
Servizos socioculturais e á comunidade.
Transporte e mantemento de vehículos.

Requisitos:
Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
- No caso de experiencia laboral, xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis 2 e 3, e para unidades de competencia de nivel 1, xustificarán, cando menos, 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
- No caso de formación, xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 13 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
As solicitudes deben obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.es co procedemento ED517B
Máis información no DOG do 12 de decembro de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion