Concurso de Curtas Senda dos Faros

11 Dec 2019

Política Lingüística e Educación convocan o Concurso de Curtas Senda dos Faros

Poderá participar con vídeos en lingua galega dunha duración máxima de 5 minutos o alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio.

1º PREMIO
- Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o relativo ó festival na xornada de proxección das curtas.
- Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega.
- Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos/as)
- Figura e diploma acreditativo con mención ao primeiro premio
2º PREMIO
- Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o relativo ó festival na xornada de visionado das curtas.
- Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos/as)
- Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega.
 -Figura e diploma acreditativo con mención ao segundo premio
3º PREMIO
- Proxección da curta no festival de Cans (maio de 2020). Inclúe o transporte e a visita guiada pola aldea para 25 alumnos/as, co obxectivo de coñecer todo o relativo ó festival na xornada de visionado das curtas.
- Charla-obradoiro cunha persoa profesional do mundo do cine (30 alumnos)
- Cheque-regalo de 200 € para material audiovisual ou literario en lingua galega.
- Figura e diploma acreditativo con mención ao terceiro premio
PREMIO DO PÚBLICO
- Figura e diploma acreditativo
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ
- Figura e diploma acreditativo
PREMIO AO MELLOR ACTOR
- Figura e diploma acreditativo

O docente responsable dos vídeos galardoados co 1º, 2º e 3º premio recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

A solicitude de participación formalizaraa a dirección do centro enviando o modelo a curtas@sendadosfaros.gal.
No asunto indicarase “Concurso Senda dos Faros” e o nome do centro.
Presentarase unha solicitude diferente para cada vídeo.

O prazo para solicitar a participación no certame estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.

​O concurso ten como obxectivos:
- pór valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros
- dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa
- promover unha imaxe positiva e actual do galego por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación
- favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes
- fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-20055.pdf