Recoñecemento da Experiencia Profesional

29 Nov 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, ven de realizar a convocatoria para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código de procedemento: TR305A)

Cualificacións profesionais que se convocan:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Extinción de incendios e salvamento
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
  • Instrución en ioga
  • Vixilancia e seguridade privada
  • Confección e mantemento de artes e aparellos
  • Docencia da formación para o emprego

O prazo de inscrición é do 28 de novembro ao 27 de decembro de 2019, ambos incluídos.

Máis información: Recoñecemento da experiencia profesional