Proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021

29 Nov 2019

A Axencia Turismo de Galicia convoca subvencións a asociacións para proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo.

As actividades que terán que ser de nova creación ou, se é o caso, unha segunda edición dun proxecto presentado ou executado ao abeiro da anterior edición do programa O teu xacobeo, desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:

Ámbito artístico:
– Artes visuais.
– Cultura dixital.
– Deseño e moda.
– Cinema e documental.
– Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.
– Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.

Ámbito de patrimonio e pensamento:
– Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras.
– Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros.
– Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros.

Ámbito deportivo:
– Torneos.
– Eventos deportivos especiais.
– Actividades dirixidas, ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza.

Ámbito social:
– Programas de voluntariado en todas as súas dimensións.
– Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario TU300A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo estará aberto ata o 30 de decembro de 2019.
Máis información no DOG do 29 de novembro de 2019