Avaliación e acreditación das competencias profesionais

27 Nov 2019

O Instituto Galego das Cualificacións convoca para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación para un total de 1.800 prazas nas seguintes cualificacións profesionais:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
- Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
- Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
- Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
- Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas.
- Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia:
     UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
     UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
- Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas.

Requisitos de participación no procedemento

a) Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

1º. No caso de experiencia laboral:
Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.

2º. No caso de formación non formal:
Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.

d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal co procedemento TR305A
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda estará aberto ata o 27 de decembro de 2019

Máis información no DOG do 27 de novembro de 2019 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese?content=topic_0146.html