Curso de chinés mandarín en Universidades de Pequín

26 Nov 2019

A Fundación ICO F.S.P.convoca axudas dirixidas á realización dun curso de chinés mandarín en Universidades de Pequín: Peking  University, University of International Business and Economics ou Beijing Normal University.

Concederanse ata 25 axudas. Cada axuda inclúe a matrícula do curso e gastos de aloxamento, dotación de ata 1.600 euros como axuda para o traslado desde España, seguro médico de cobertura internacional e unha achega de 4.600 euros para gastos persoais.

Requisitos:
Persoas físicas que ostenten a nacionalidade española e con residencia legal en España.
Idade mínima de 22 anos e máxima de 39 á data da convocatoria.
Persoas con graos universitarios, licenciaturas ou enxeñerias superiores ou diplomaturas, enxeñerias técnicas ou arquitecturas técnicas, que cursasen os estudos en centros españois sempre que, ademais, acrediten un máster oficial de 60 créditos ECTS impartido nalgunha universidade do Espazo Europeo de Educación Superior.
Coñecemento mínimo acreditado do idioma chinés mandarín.
Dominio acreditado da lingua inglesa- como mínimo, un  B2 do Marco Común Europeo de Referencia.
Experiencia profesional mínima acreditada dun ano.

O prazo estará aberto ata o 16 de decembro de 2019.
Máis información no BOE do 26 de novembro de 2019 e en https://www.fundacionico.es/internacional-formacion/programa-fundacion-ico-becas-china/