VI Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”

12 Nov 2019

Viaqua convoca a 6ª edición do Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP.

Esta nova edición céntrase na presenza de plásticos no medio ambiente, ríos, mares, océanos e como afecta as nosas vidas. A finalidade é concienciar, a través da literatura, sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados do uso de plásticos, así como as medidas que se poden empregar nas cidades e núcleos de poboación de menor tamaño, e no noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sustentable.

A mocidade interesada en participar poderá enviar os seus relatos curtos, de máximo 200 palabras, ao correo certamenliterario@viaqua.gal ata o 31 de xaneiro de 2020.
Esta edición quere potenciar a creatividade dos nenos e nenas propoñendo dúas modalidades de participación: relato curto clásico ou relato curto creativo, neste último poderán tirar de imaxinación enviando relatos curtos en formato poesía, cómic, fotografía e texto, entre outros, que non superen as 200 palabras.

Premios: As persoas que resulten gañadoras dentro do Relato curto clásico en cada unha das categorías do VI Certame Literario recibirán un iPad mini, e os segundos un e-book. As persoas que resulten gañadoras dentro do Relato curto creativo en cada categoría recibirán unha tableta gráfica.
O centro educativo que presente maior número de relatos recibirá un premio ou mención especial que determine a empresa.
Os gañadores ou gañadoras, así como as persoas finalistas, publicaranse na sección de noticias da páxina web de Viaqua e nas súas redes sociais

https://www.viaqua.gal/-/viaqua-pone-en-marcha-a-vi-edicion-del-certamen-literario-relatos-de-agua-inteligente-