Premios "Buero" de Teatro Novo 2019

08 Nov 2019

A Fundación Coca-Cola convoca os Premios "Buero" de Teatro Novo

Os Premios "Buero" de Teatro Novo convocan na súa 17ª edición a grupos de teatro escolares (institutos, colexios...) ou non escolares (asociacións, talleres de teatro...) formados por mozos e mozas de entre 14 e 21 anos que queiran presentar ao concurso as súas montaxes teatrais.

Na Fase Autonómica do concurso, os Xurados Autonómicos elixen as montaxes gañadoras de cada comunidade. Na Fase Nacional, un Xurado Nacional designa, entre todos os gañadores autonómicos, os catro mellores montaxes (3 escolares e 1 non escolar), que representan as súas obras, dentro da Semana de Teatro Nova, nun prestixioso teatro de Madrid, entre outros premios e actividades.

Prazo:  Poderase participar ata o 27 de abril de 2020.

https://www.fundacioncocacola.com/premiosbuero/inicio