Bolsa Google Europa para estudantes con discapacidade

08 Nov 2019

A bolsa está dirixida a estudantes con discapacidades que están a cursar estudos universitarios no campo da informática, enxeñería informática ou un campo técnico estreitamente relacionado nunha universidade en Europa ou Israel. O obxectivo destas bolsas é de eliminar as barreiras existentes para os estudantes con discapacidade que queiran formar parte do ámbito da informática así como animarlles a sobresaír nos seus estudos e converterse en exemplos a seguir e converterse en líderes en crear tecnoloxía.

Requisitos
- Ter 18 anos ou máis a data 27 de setembro de 2019.
- Os candidatos deben estar actualmente matriculados nunha universidade en Europa para o ano académico 2019-2020 ou  ttener a intención de inscribirse ou ser aceptados como estudantes a tempo completo ou parcial nun programa de licenciatura, mestría ou doutoramento nunha universidade en Europa para o curso académico 2020-2021.
- Estar a estudar informática, Enxeñería informática ou un campo técnico estreitamente relacionado nunha universidade en Europa.
- Ser exemplo de liderado e mostrar paixón polas ciencias da computación.

Os mellores candidatos recibirán unha bolsa de 7.000 EUR (ou equivalente) para o ano académico 2019/2020 en concepto de matrícula, taxas, materiais, clases, libros e materiais necesarios para as clases na universidade.

Prazo: 5 de decembro de 2019 ás 23:59

Máis información