Bolsas Multiverso á Videocreación

08 Nov 2019

A Fundación BBVA convoca 10 Bolsas Multiverso á Creación en Videoarte, en colaboración co Museo de Belas Artes de Bilbao.

Obxectivos das bolsas:
- Apoiar o traballo creativo de videoartistas que conten coa residencia en España.
- Favorecer a difusión das obras resultantes desta convocatoria.

Requisitos
Poderán optar á bolsa videoartistas de calquera idade que, con independencia do seu lugar de residencia, teñan nacionalidade española e videoartistas doutros países con residencia en España.

A obra de videoarte deberá producirse no prazo máximo dun ano desde que o beneficiario subscriba o compromiso de aceptación da bolsa.

Os proxectos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos e estar presididos por un carácter claramente innovador.

Con carácter xeral, toda a documentación presentada deberá ser cumprimentada en español, salvo que as presentes bases prevexan que certos documentos poidan ser achegados noutro idioma.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de decembro de 2019, ás 19:00 h. hora peninsular.

Dotación
O importe bruto máximo de cada unha das bolsas será de 30.000 euros, que deberá destinarse integramente á produción da obra.

https://www.multiverso-fbbva.es/becas/becas-multiverso-a-la-creacion-en-videoarte-2019/