Xuíz/a de paz de Crecente

08 Nov 2019

O Concello de Crecente fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo estará aberto ata o 21 de novembro de 2019.
Máis información no BOP de Pontevedra do 8 de novembro de 2019