Xunta de Galicia: prazas de psicoloxía, terapia ocupacional e traballo social

08 Nov 2019

A Xunta de Galicia convoca convoca un proceso selectivo para cubrir as seguintes prazas:
  8 prazas na categoría 006 do grupo I, titulada/o superior psicóloga/o
  55 prazas do corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía.
  48 prazas do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional.
  2 prazas na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional.
  81 prazas no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de decembro de 2019.
O modelo de solicitude estará dispoñible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos»
Máis información no DOG do 8 de novembro de 2019 e en https://www.xunta.gal/funcion-publica/