Encontro sectorial no Espazo Xove de Ourense: “Organización de eventos e mundo audiovisual”

06 Nov 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Ourense o encontro sectorial ““ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E MUNDO AUDIOVISUAL””, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da organización de eventos e proxectos audiovisuais.

OBXECTIVOS:
- Facilitar novas ferramentas para a búsqueda activa de emprego.
- Dar a coñecer os perfís actuais que se valoran en departamentos de recursos humanos das empresas.
- Dar a coñecer novas técnicas de traballo en equipo.
- Mellorar o espírito emprendedor dos mozos e mozas.
- Presentar o Espazo Xove de Ourense como un lugar de encontro xuvenil.

Data:  martes, 12 de novembro de 2019.
Horario:  11.30 h a 13.30 h.
Lugar:  Espazo Xove de Ourense. Rúa Celso Emilio Ferreiro, n.º. 24 – Ourense.
Asistentes:  mozas e mozos galegos e portugueses de 18 a 30 anos de idade.

Entrada libre ata completar aforo.

PROGRAMA
- 11.30 h Recepción das persoas participantes.
- 11:35 h Mesa redonda “Disfrutando do meu negocio”.
Mamen Quintás, executiva de Ficción Produccións.
Juan Rivas, director e fundador de La10Planta.
Paula Armesto, promotora do Festival Ribeira Sacra.
- 12.35h Emprendendo dende a paixón
Dj Mil, fundador do centro especializado WAX.
- 12.55 Sesión Dj Mil
- 13.30 Fin da xornada

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.