Xunta de Galicia: prazas de fisioterapia, educadores e enfermaría

06 Nov 2019

A Xunta de Galicia convoca un proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, nas seguintes especialidades:

10 prazas da especialidade fisioterapia.
86 prazas da especialidade educadores.
69 prazas da especialidade enfermaría.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de decembro de 2019.
O modelo de solicitude estará dispoñible no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica/, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos»
Máis información no DOG do 6 de novembro de 2019 e en https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2019/20191106/Secciones2_gl.html