XIII certame literario “Terras de Chamoso”

05 Nov 2019

A Asociación Cultural Arumes do Corgo convoca o XIII certame literario “Terras de Chamoso”

Temática e idioma:  A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en Lingua galega.

Categorías:
Infantil (dos 10 aos 14 anos).
Xuvenil(dos 14 aos 18 anos).
Adultos (maiores de 18 anos).

Modalidades:
Poesía (de 30 a 60 versos)
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
Premio “A Legua Dereita”:
Categoría Infantil (dos 10 aos 14 anos).
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
Temática: A cultura tradicional galega.

Descrición:  Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial “A Legua Dereita” pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

Presentación:  cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo:
A. C. Arumes do Corgo.
Antigas escolas do Corgo s/n
27163 O Corgo (Lugo)
ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com

Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.

Prazo: o prazo de entrega estará abaerto ata o día 29 de novembro de 2019.

Premios: para cadansúa categoría establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. A maiores, os 1º premios recibirán un libro electrónico.
O premio “A Legua Dereita” contará, a maiores da cerámica do país, dun lote de libros (relacionados coa cultura tradicional galega) e do diploma acreditativo, cun par de culleres de buxo (instrumento tradicional galego).

Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras. Para dirimir o premio “A Legua Dereita” contaremos con membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo.

Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 21 de decembro de 2019 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.

http://arumescorgo.blogspot.com/