Premios Nacionais de Fin de Carreira

04 Nov 2019

O Ministerio de Educación convoca convocan os Premios Nacionais de Fin de Carrera de Educación Universitaria.
É obxecto desta convocatoria distinguir aos estudantes que finalizaron con maior brillantez os seus estudos universitarios cun recoñecemento de carácter oficial que ao mesmo tempo comporte unha asignación económica.

Poderán ser beneficiarios dos premios, os estudantes que concluísen os seus estudos conducentes a un título universitario oficial de Grao ou de Primeiro ou Segundo Ciclo da anterior ordenación dos ensinos universitarios, en centros universitarios españois no curso académico 2015-2016.

O número máximo de Premios a conceder será de 171, distribuídos por Rama de Coñecemento:
57 Primeiros Premios, dotados con 3.300 euros cada un
57 Segundos Premios, dotados con 2.650 euros cada un
57 Terceiros Premios, dotados con 2.200 euros cada un

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de decembro de 2019.
Máis información no BOE do 4 de novembro de 2019