Bolsas no Museo do Prado

04 Nov 2019

O Museo Nacional do Prado convoca dúas bolsas Banco de España de formación e investigación no Museo Nacional do Prado:
1. Conservación de Pintura Flamenca e Escolas do Norte ata 1.700: A bolsa destinarase á formación en relación ás distintas tarefas e proxectos da área conservación de Pintura Flamenca e Escolas do Norte, con especial dedicación á investigación.
2. Conservación de Colección de Marcos: A bolsa destinarase a formación en tarefas relativas á investigación, ordenación, documentación e catalogación da colección de marcos do Museo do Prado.

Requisitos:
- Grao universitario ou equivalente en Historia da Arte.
- Expedientes académicos con valoración media de notable ou equivalente en créditos serán desestimados.
- Finalizar os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2013.

Cada unha das bolsas terá unha duración de 12 meses consecutivos.
A contía total de cada unha das bolsas é de 20.000 €
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de novembro de 2019.

Máis información no BOE do 4 de novembro de 2019