Accións formativas para a obtención de certificados de profesionalidade

31 Out 2019

O grupo Femxa convoca accións formativas para desempregados de Galicia, coa finalidade de obter certificados de profesionalidade.
Todas as formacións están 100% subvencionados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, polo que non supoñen custo algún para os participantes. Son completamente gratuítos.

Accións formativas:
- Programación de Sistemas Informáticos (IFCT0609): Certificado de nivel 3.
- Operacións Auxiliares de Servicios Administrativos e Xerais (ADGG0408): Certificado de nivel 1.
- Actividades Administrativas na Relación co Cliente (ADGG0208): Certificado de nivel 2.
- Docencia Profesional para o Emprego (SSCE0110): Certificado de nivel 3.

Trátase de certificados de profesionalidade que contan, ademais da parte teórica cun módulo de prácticas non laborais, unha vez superada a parte teórica.

Os cursos impártense en modalidade presencial en Vigo, en grupos reducidos e con docentes especializados na materia.

Os interesados teñen que solicitar praza na Oficina de Emprego de Galicia onde estean rexistrados como demandantes de emprego, indicando o código e nome do certificado.

www.cursosfemxa.es/AFDSGalicia