Fotografia gañadora do anterior concurso. O autor é José María Vicente López Fotografia gañadora do anterior concurso. O autor é José María Vicente López

VII Concurso Internacional de Fotografía Deportiva Félix Ordóñez 2020

31 Out 2019

O Instituto Provincial para o Deporte e Mocidade de Deputación Provincial de Burgos convoca o VII Concurso Internacional de Fotografía Deportiva Félix Ordóñez 2020, en homenaxe ao foto xornalista Félix Ordóñez e para fomentar e difundir os valores humanos, sociais e competitivos do deporte.

Categorías:
- Fotógrafos profesionais.
- Fotógrafos afeccionados.

Cada participante só pode optar a unha das categorías.

Participantes
Poderá participar calquera persoa a partir de 16 anos de idade cumpridos á data de presentación de traballos.

Premios por cada categoría  

Profesionais:
- Primeiro premio: 800 euros.
- Tres Menciones: 300 euros por mención.
- Premio especial aos valores deportivos: 500 euros.

Afeccionados:
- Primeiro premio: 600 euros.
- Tres Menciones: 200 euros por mención.
- Premio especial aos valores deportivos: 400 euros.

Cada un dos premios será a unha única foto e ningún participante poderá ser gañador de máis dun premio.

Tema
O tema das fotografías será a actividade deportiva en calquera das súas disciplinas, no ámbito do deporte profesional ou  amateur, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Número e toma de fotografías
Poderanse presentar un máximo de 3 imaxes (fotografías) por participante.
Deberán ser tomadas directamente polo autor entre as datas 16 de abril de 2019 e o 26 de maio de 2020.

Características das fotografías
Non se aceptarán fotomontaxes, nin imaxes modificadas no seu contido.
As fotos presentaranse listas para exhibición co tratamento necesario para o seu  visionado correcto.
Non hai limitación en canto a que as fotos sexan en branco e negro ou cor, deberán ser inéditas e non publicadas ou premiadas noutros certames.

Condicións de presentación
As imaxes presentaranse en formato dixital cunha resolución mínima de 3000 píxeles e un máximo de 6000 no lado maior.
Os fotógrafos profesionais terán que incluír metadatos nos que se indique, categoría, título, o autor, lugar e data de toma, descrición do acontecemento e, se fose de interese, nome dos protagonistas.
En formato  jpg, en arquivos adxuntos, cunha calidade de comprensión non maior de 8 e cuxo tamaño total non exceda 3  Mb. Non se admitirán outro tipo de comprensións de arquivo.

Prazos:  Os envíos deberán facerse desde o día 16 de abril, ata o día 26 de maio de 2020, ambos inclusive.

https://idj.burgos.es/juventud/certamenes/vii-concurso-internacional-de-fotografia-deportiva-felix-ordonez-2020