Axudas ás familias numerosas para ir á neve

31 Out 2019

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos das persoas beneficiarias
a) Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

As axudas consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e para os nenos e nenas de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os nenos e as nenas menores de 12 anos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal co procedemento BS423D
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda estará aberto ata o 30 de novembro de 2019

Máis información no DOG do 31 de outubro de 2019 e en http://www.familiasgalegas.org/