XIX Certame Internacional Videominuto

30 Out 2019

A Universidade de Zaragoza, coa colaboración de Cinemaremagnum Servizos Audiovisuais, convoca o "XIX Certame Internacional  Videominuto".

Presentaranse obras cuxa duración máxima sexa de 1 minuto (60 segundos) incluíndo os títulos de crédito. Non se admitirán obras que excedan dese tempo. Non se admitirán obras presentadas noutras edicións do certame.

Poderanse presentar un máximo de 3 videominutos por participante. O tema do videominuto será de libre elección e poderán presentarse traballos tanto de ficción como de animación.

Todos aqueles traballos cuxo idioma orixinal non sexa o español, deberán presentarse subtitulados ben en español ou en inglés. As obras enviaranse soamente a través de internet.

Un xurado formado por personalidades do mundo da cultura e o cinema seleccionará un máximo de 25 traballos que pasarán á fase final.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de marzo de 2020 ás 12:00 pm.

Poderán presentarse ao certame todas aquelas persoas que así o desexen, ben individualmente ou en grupo a condición de que presenten obras cuxa duración máxima sexa de 1 minuto (60 segundos) incluíndo os títulos de crédito.

Dotación
- Premio ao mellor Videominuto internacional 2019: 700 euros.
- Premio ao mellor Videominuto español 2019: 700 euros.
- Premio ao mellor Videominuto aragonés 2019: 700 euros.

Máis información: http://cultura.unizar.es/bases-certamen-internacional-videominuto