II concurso de microrrelatos de terror

28 Out 2019

A Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés convoca o II concurso de microrrelatos de terror

Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos
Cada participante  presentará un único relato cunha extensión máxima de 200 palabras.
Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.
Os traballos presentados  deberán ser escritos, en galego ou castelán

Prazo
O prazo de admisión  dos relatos estará aberto ata o 14 de decembro, debendo ser entregados na biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,  asinados e cos seus datos persoais engadidos, (nome, dirección postal, correo electrónico e teléfono)

O xurado seleccionará un máximo de 3 traballos.

Premios
1º premio:  lote de libros e publicación nas redes sociais da biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.
2º premio:  lote de libros
3º premio:  lote de libros

A resolución do xurado farase pública o 21 de decembro, e comunicarase aos premiados por medio do correo electrónico ou teléfono.

https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl/actualidade/axenda/ii-concurso-de-microrrelatos-de-terror