Bolsa de Baile, danza e música popular

28 Out 2019

A sección española de CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore e das Artes Tradicionais) e o INAEM (Instituto das Artes Escénicas e da Música) do Ministerio de Cultura e Deporte convocan unha bolsa dedicada ao tema “Baile, danza e música popular (canción e instrumentos musicais), relativas a calquera das diferentes culturas do territorio español”.

Candidatos/ as
a) Poderán optar a esta bolsa persoas tanto individuais como equipos de traballo formados para o efecto. Neste segundo caso, o equipo debe estar representado por un director responsable do proxecto. O goce desta bolsa será incompatible con outra bolsa ou axuda económica concedida para a realización do mesmo proxecto.
b) Poderá acceder a esta bolsa calquera cidadán legalmente establecido en España.

Duración: O traballo proposto deberá realizarse dentro dun período de tempo máximo dun ano.

Dotación: A dotación desta bolsa será de 4.500 euros.

Documentación: Toda a documentación deberá ser remitida antes do día 27 de decembro de 2019 á dirección: cioff.esp@cioff.es

A sede de CIOFF-España atópase na rúa Mata 23, 3º I. (13004 Cidade Real).
Nesta sede resolveranse cantas consultas poidan realizarse relacionadas con esta convocatoria.
Para contactos telefónicos, o número de teléfono é: 926 619 195 e 660 185 340

https://www.cioff.es/eventos-beca-investigaciAn-en-folklore-2019.28.html