Queres escribir un libro ou facer un cómic?

28 Out 2019

O Ministerio de Cultura e Deporte convoca axudas a proxectos de creación literaria de obras orixinais, en lingua castelá e outras linguas do Estado, nas seguintes modalidades: narrativa (novela, novela curta e relato), poesía, literatura infantil e xuvenil, cómic, ensaio e teatro.

Requisitos: Persoas maiores de idade, de nacionalidade española ou con residencia en España.
O prazo para  presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de novembro de 2019.
Máis información no BOE do 26 de outubro de 2019 e en
http://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/convocatorias-abiertas.html