Bolsas no museo do Prado: Edición, Comunicación, Exposicións Temporais e Arquitectura

28 Out 2019

O Museo Nacional do Prado convoca 4 bolsas para a formación de investigadores e especialistas nas seguintes disciplinas: Edición, Comunicación, Exposicións Temporais e Arquitectura.

Requisitos:
- Bolsa de Edición:  Calquera grao universitario ou equivalente da área das Artes e as Humanidades, coa especialidade de Historia da arte, Filosofía, Historia, Filoloxía, Lingüística ou Literatura.
- Bolsa de Comunicación:  Diplomatura, Grao, Máster ou equivalentes nalgunha das seguintes especialidades: Dirección, montaxe, son, dirección de fotografía; Dirección de Documental ou Cinema documental.
- Bolsa de Exposicións Temporais:  Grao universitario ou equivalente en Arte.
- Bolsa de Arquitectura:  Licenciatura ou Grao en Arquitectura.
Os expedientes académicos con valoración media inferior a notable serán desestimados.
- Finalizar os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2013.

Cada unha das bolsas terá unha duración de 24 meses consecutivos
O prazo para  presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de novembro de 2019.
Máis información no BOE do 26 de outubro de 2019  e en https://www.museodelprado.es/aprende/escuela-del-prado/becas