Bolsa no Museo do Prado de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación

28 Out 2019

O Museo Nacional do Prado e a Fundación María Cristina Masaveu Paterson convocan unha bolsa de formación de investigadores e especialistas na seguinte disciplina: Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación.

Requisitos:
- Titulación de Grao Universitario en Belas Artes, Pedagoxía, Educación Social, Psicoloxía, Comunicación Audiovisual, Socioloxía, Información e Documentación, Xornalismo, Antropoloxía Social e Cultural, Desenvolvemento de videoxogos, Deseño, Filosofía, Historia, Historia da arte, ou similar.
Os expedientes académicos con valoración media inferior a notable serán desestimados.
- Finalizar os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2013.

O prazo para  presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de novembro de 2019.
Máis información no BOE do 26 de outubro de 2019  e en https://www.museodelprado.es/aprende/escuela-del-prado/becas