ES POP UP na Coruña- Mostra de economía social

24 Out 2019

Es Pop Up é unha Mostra de Iniciativas de Economía Social que terá lugar no Mercado de San Agustín da Coruña. Será os días 7, 8 e 9 de novembro de 2019.

A iniciativa –impulsada por EspazoCoop- forma parte do proxecto europeo LACES, co que se pretende fomentar a economía social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Na Mostra participarán proxectos empresariais da Economía Social en fase de creación e consolidación que exporán os seus produtos e servizos para ter unha experiencia real de venda que lles reporte unha aprendizaxe coa que mellorar o seu modelo de negocio.

Un total de 13 entidades e iniciativas de economía social galegas estarán presentes no Pop Up.

O horario de apertura da Mostra ao público será de 10.00 a 14.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas. Para o xoves día 7, ás 10.15 horas, está prevista a inauguración institucional do evento.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Os POP UP buscan difundir os valores e as vantaxes da ECONOMÍA SOCIAL -ES-, ofrecendo experiencias reais para testar os produtos, os servizos e os proxectos nunha situación de venda real, achegándoas ao público e permitíndolles establecer un diálogo que traslade unha visión desde o punto de vista da persoa receptora.

Máis información na web de Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP