EuEmprendo Galicia

24 Out 2019

A Rede Española de Entidades polo Emprego, Rede Araña, é unha asociación de entidades sen ánimo de lucro que desenvolve este programa gratuíto de formación para o emprego e autoemprego dirixido a mozos menores de 30 anos que buscan mellorar a súa empregabilidade o poñer en marcha a súa propia idea empresarial.

Destinatarios:

- Mozos maiores de 16 anos e menores de 30 anos das provincias de Pontevedra e Ourense.
- Que se encontren en situación de desemprego.
- Rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Obxectivos:

- Poñer en marcha o teu negocio: aprenderás novas técnicas para validar o teu modelo de negocio, captar clientes, xerar ventas e ademais, acompañado en todo o proceso por expertos en activo.

- Mellorar a túa empregabilidade: descobre novas formas de converterte no candidato ideal para as empresas. Aprende a diferenciarte e a crear a túa marca persoal.

Formación:

- Formación teórica-práctica (50 horas): desenvolveranse competencias claves para xerar un cambio no xove emprendedor, traballando de maneira práctica os seguintes contidos: Modelo Canvas, metodoloxía Design Thinking, plan de empresa, estratexia de marketing, estrutura organizativa, Inversión, conta de resultados...
- Titorías individuais (10 horas): a nivel individual traballarase segundo o perfil e as necesidades do participante, de cara ao emprendemento e á mellora da empregabilidade dos mozos que desexan acceder ao mercado laboral.
- Mentoring e acompañamento no seu proxecto empresarial (20 horas): con expertos en diversas materias que axudarán aos participantes a avanzar no proxecto empresarial e a traballar a posta en marcha da súa idea.

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Máis información:
Teléfono:  988 39 15 15
www.yoemprendogalicia.com
yoemprendogalicia@empleoenred.org