Voluntariarte 2019

18 Out 2019

Voluntariarte é unha iniciativa de Sensibilización educativa da Plataforma do Voluntariado de España.  
Voluntariarte é un certame de debuxo e escritura que pretende inculcar a estudantes de distintas idades, a importancia da solidariedade e a práctica voluntaria desde idades temperás.

O concurso, que conta con dúas modalidades, debuxo e relato, está aberto a todo o alumnado do país. O único requisito é ter entre 6 e 11 anos, para entrar na categoría infantil; ou entre 12 e 18 anos, para a categoría xuvenil.
- Debuxo: Formato A4. Acéptanse debuxos ou cómics (2 follas de extensión. Máximo 6).
- Relato: Formato  word, tamaño A4. Extensión máxima de 2 folios. Fonte: Times New  Roman, 12. Non se admiten relatos escritos a man.

Todas as obras presentadas, xa sexa na modalidade de debuxo ou escritura, será unha creación artística na que se plasme o voluntariado e os seus dez ámbitos de actuación.

O prazo de envío é o 15 de novembro de 2019 ás 12:00 h.

Requisitos
Categoría infantil: de 6 a 11 anos.
Categoría xuvenil: entre 12 e 18 anos.

Plataforma do Voluntariado de España
R/ Tribulete, 18-1º  28012 Madrid
voluntariarte@plataformavoluntariado.org
Teléfono: 91 541 1466
https://plataformavoluntariado.org/voluntariarte/