A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia, pon en marcha a actividade “Fomento do emprego xuvenil feminino” no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA).
OBXECTIVOS
a) Obxectivos xenéricos:
- Favorecer e mellorar a empregabilidade das mulleres mozas menores de 30 anos.
- Fomentar a mobilidade e a inserción futura das mozas participantes mediante a realización de prácticas formativas en empresas.
b) Obxectivos específicos:
- Apoiar ás mozas participantes na transición do ámbito educativo ao mercado laboral.
- Favorecer ás mozas participantes o desenvolvemento de habilidades e competencias que melloren a súa empregabilidade e recursos para a procura de emprego (por conta propia ou allea).
- Dotar de coñecemento e experiencia práctica ás mulleres mozas a través das prácticas formativas en empresas.
DESTINATARIAS: Mozas galegas e portuguesas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
NÚMERO DE PRAZAS: 50
FASES DA ACTIVIDADE
1ª. FASE DE FORMACIÓN. Esta fase céntrase na realización dun itinerario integrado por dous (2) talleres de formación teórico – práctica:
Datas de realización desta primeira fase:
Contidos dos talleres:
TALLER COMPETENCIAS PERSOAIS E DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES PARA O EMPREGO
CONTIDOS:
1. Motivación.
2. Habilidades de comunicación verbal e non verbal.
3. Habilidades sociais no traballo.
4. Traballo en equipo.
TALLER FERRAMENTAS PARA O EMPREGO:
CV e entrevista.
O autoemprego como alternativa laboral.
CONTIDOS:
1. O Currículum vitae
Utilidades, características e tipos.
Elaboración do CV adaptado ás ofertas.
2. Recomendacións para a súa elaboración
Obxectivos, tipos e estrutura.
Preparación da entrevista.
Técnicas para superar a entrevista. Erros a evitar.
Preguntas tipo e outras. Orientacións para superalas.
Simulacros e exemplos prácticos.
3. O autoemprego
A actitude emprendedora.
Da idea ao Plan de negocio. Análise DAFO.
2ª. FASE PRÁCTICA
- Realización de prácticas formativas non laborais en empresas.
- Duración das prácticas: 15 días.
- Temporización das prácticas: segunda quincena de novembro de 2019.
- Ámbito xeográfico: Galicia
- Sectores de realización das prácticas:
Industrial
Alimentación
Limpeza
Textil
Loxística
Hostelería e turismo
Servizos e empresas
Administrativo
Asesoría e consultoría
Forestal
Informática e telecomunicacións.
Comunicacón e marketing
Construción
Audiovisual
Cobertura:
- Empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
- Titorización e seguimento individualizado.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Convenio de prácticas coa empresa.
Gastos de desprazamento:
a) Asistencia á fase teórica: por conta da persoa participante.
b) Fase práctica:
Se a empresa de realización das prácticas radica no mesmo concello de residencia da persoa participante: os gastos de desprazamento serán por conta da persoa participante.
Se a empresa de realización das prácticas radica en concello distinto ao de residencia da persoa participante: a persoa participante recibirá unha axuda para os gastos de desprazamento a razón de 0,19 euros/kilómetro, ata un máximo de 89 €.
AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 31 de outubro de 2019 ata ás 12:00h
INSCRICIÓN: Mediante envío de formulario electrónico.
ADMISIÓN
Criterios:
1) Rigorosa orde de inscrición.
2) Entrevista persoal.
PRESELECCIÓN
As 50 primeiras persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos nesta convocatoria, serán convocados mediante correo electrónico a unha entrevista persoal aos efectos de asignación de empresa de prácticas o mais adaptada posible ao seu perfil e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
Xornadas de presentación e preselección de candidatas:
Por causa xustificada, a entrevista poderá ser telefónica ou por “skype”.
SELECCIÓN
Serán seleccionadas as persoas solicitantes cuxo perfil se adapte aos criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
PERDA DO DEREITO Á PARTICIPACIÓN
Non asistencia á entrevista persoal previa á asignación de empresa.
CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais recadados neste programa serán tratados na súa condición de responsable pola Consellería de Política Social coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste programa.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme as referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e adoptará todas as medidas técnicas e de seguridade para asegurar a confidencialidade dos devanditos datos, así como evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta, en todo momento, do estado da tecnoloxía.
PROXECTO LIDERA
Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Dentro do proxecto Lidera, esta acción formativa forma parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
MÁIS INFORMACIÓN
subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal