Cambio de datas na Formación para educadores no tempo de lecer e persoas voluntarias

11 Out 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca, no marco do Pacto de Estado contra a violenvia de xénero e en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, accións formativas de carácter presencial dirixidas ás persoas profesionais do tempo libre, en materia de ocio inclusivo (co fin de concienciar, reflexionar e atender as necesidades formativas neste ámbito, para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades) e en materia de violencia de xénero, co obxectivo de dotar ás persoas voluntarias e aos axentes educativos no ámbito do lecer e tempo libre de ferramentas e habilidades para a prevención, a detección e a posible intervención ante situacións de violencia de xénero e acadar, de xeito indirecto, un achegamento desta mensaxe aos mozos e mozas que participen nas actividades de ocio e tempo libre.

Cambio de datas en Ourense: o curso "Educación en igualdade no tempo libre: todos os espazos libres de violencia" que se ía  celebrar no Espazo Xove de Ourense do 14 ao 17 de outubro, cambia a súa data para o 18 ao 21 de novembro.

Cambio de datas en Lugo: o curso "Educación en igualdade no tempo libre: todos os espazos libres de violencia" que se ía  celebrar no Albergue Xuvenil LUG2 do 21 ao 24 de outubro, cambia a súa data para o 25 ao 28 de novembro.


 + Información sobre os cursos convocados

Formulario de inscrición curso 1: "Son 1 monitor/a inclusivo/a"?

Formulario de inscrición curso 2: "Aplicacións prácticas do ocio inclusivo para persoas con TEA"

Formulario de inscrición curso 3: "A inclusión a través do xogo"

Aclaración: As datas do curso son: 11, 18, 25 de novembro e 2 de decembro, cunha duración por xornada de 5 horas (Total do curso: 20 horas).

Formulario de inscrición curso 4: "Educación en igualdade no tempo libre: todos os espazos libres de violencia"