Reporteiros na Rede

11 Out 2019

A Fundación Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede.

O concurso Reporteiros na Rede é unha proposta de ámbito nacional para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía. Os alumnos interesados poderán optar por participar nunha ou varias das temáticas, podendo usar unha das modalidades ou ambas.
Dirixido a:  profesores e alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Básico e Medio. A idade máxima do alumnado será de 20 anos.
Os traballos pódense presentar en dúas modalidades: artigo escrito e vídeo.

Áreas temáticas:
Ciencia e tecnoloxía.  O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado co desenvolvemento do pensamento cinetífico e aboradar os saberes ou coñecementos científicos relativos á física, a química, a bioloxía, a xeoloxía, as matemáticas e a tecnoloxía.
Mobilidade.  O contido dos traballos presentados dentro desta área deberá estar relacionado coa mobilidade do futuro: intelixente, conectada e sustentable.
Educación financieira.  Traballos relacionados con coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes que permitan ás persoas tomar decisións financeiras na súa vida diaria.

Os obxectivos deste concurso son:
- Complementar a formación e a educación dos alumnos participantes a través do uso e manexo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
- Incentivar e adestrar aos estudantes no labor de investigación e na procura da información, dos coñecementos e conceptos necesarios para levar a cabo un traballo divulgativo aplicando a metodoloxía colaborativa e por proxectos.
- Mellorar a destreza do alumno no bo uso da internet como fonte de información útil para os seus estudos curriculares e outros coñecementos que complementen a súa formación.

Inscrición:  ata o 17 de xaneiro de 2020.

www.fundacionibercaja.es/reporterosenlared