Orientacións. Guía contra o discurso de odio na internet

10 Out 2019

O Instituto da Mocidade editou “Orientacións”, unha guía para loitar contra o odio na internet que pretende ser un breve manual útil para a difusión dos conceptos relacionados cos dereitos humanos e a liberdade de expresión, así como expor e afrontar o reto de defender estes dereitos na internet desde unha perspectiva nova.
Tamén nace co obxectivo de converterse nunha ferramenta práctica para a acción, o traballo formativo e de sensibilización, dirixida tanto aos propios mozos/as como aos formadores, para fixar de maneira sinxela os conceptos esenciais relacionados co discurso de odio  online e achegar mecanismos para combatelo.

http://www.injuve.es/sites/default/files/adjuntos/2019/07/orientacionesnohate-folleto-junio2019artefinal1.pdf