Campo de voluntariado transfronteirizo Eurocidade 2020

09 Out 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de voluntariado transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Obxectivos:
a) Obxectivos principais:
- Crear unha actividade de campo de voluntariado para mozos e mozas basado no servizo á comunidade.
- Crear sinerxías entre os mozos e mozas de Galicia e o Norte de Portugal co fin de que xurdan novas oportunidades na zona transfronteiriza Chaves-Verín.
- Apoio ao desenvolvemento da zona transfronteiriza e a súa dinamización a través da creación de programas con claro valor social.

b) Obxectivos específicos:
Crear unha actividade multidisciplinar relacionada cun campo de voluntariado a través da inmersión cultural e etnográfica para a dinamización xuvenil a través das novas tecnoloxías.
Crear un contacto estreito entre a persoa moza voluntaria e a Eurocidade e a cultura gaelga e portuguesa a través da inmersión dixital.
Crear unha actividade xuvenil e dinamizadora da xuventude da zona transfronteiriza a través dun programa de alfabetización dixital

Destinatarios/as:  mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.

Cobertura:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito da actividade.
- Equipos técnicos.
- Acompañamento por equipo técnico.

O mozo ou moza non fará ningún tipo de achega económica ao programa, só o que se refire ao desprazamento ocasionado desde o seu domicilio ata a zona transfronteiriza Chaves-Verín.

Número de prazas:  10
Datas de realización:  do 4 ao 9 de novembro de 2019.
Entrada:  4 de novembro a partir das 12:00 horas.
Saída:  9 de novembro antes das 14:00 horas.
Localización:
Eurocidade Chaves-Verín
Antiga aduana
Avda. Portugal, s/n Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense

Metodoloxía

cuadro1


Inscrición:  a través de formulario electrónico

Selección:  por estrita orde de reserva de praza. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia escaneada do Documento Nacional de Identidade no prazo de 48 horas.

A ausencia de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática da actividade e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en lista de reserva.

Prazo de inscrición:  do 9 ao 23 outubro de 2019, ambos inclusive.

Obrigas das persoas seleccionadas
Son obrigas de cada un dos mozos e mozas seleccionados/as:
a)  Desenvolver o labor que fundamenta a presente convocatoria e que xustifica a selección del/es ou dela/s.
b)  Permanecer no campo de traballo durante o período programado sen ausentarse, a non ser por causa da propia actividade.
c)  Reintegro dos prexuízos causados por incumprimento das bases da convocatoria e do equipo dirixente desta.

Propiedade intelectual: a participación no presente programa levará, por parte dos mozos e mozas participantes, a cesión non privativa do material ás entidades organizadoras para o seu uso divulgativo sen ánimo de lucro.

Cumprimento da normativa de protección de datos
Os datos persoais recadados neste programa serán tratados na súa condición de responsable pola Consellería de Política Social coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste programa.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme as referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e adoptará todas as medidas técnicas e de seguridade para asegurar a confidencialidade dos devanditos datos, así como evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta, en todo momento, do estado da tecnoloxía.


Obrigas derivadas da participación:
A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das súas bases e das resolucións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oportunamente tome para o seu desenvolvemento, así como a normativa que a mesma desenvolva para o programa.


Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible.

Socios/as do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e Juventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.


FICHA DO CAMPO DE VOLUNTARIADO


FORMULARIO DE INSCRICIÓN