Bolsas no Museo de Belas Artes de Bilbao

09 Out 2019

A Fundación Bilbao Bizkaia Kutxa e o Museo de Belas Artes de Bilbao convoca dúas bolsas que teñen por obxecto contribuír á investigación das coleccións do museo e aos estudos sobre arte vasca.

Poderán optar a estas bolsas todas aquelas persoas nadas ou con residencia habitual acreditada nalgún país da Unión Europea e que acheguen a documentación requirida.

A data límite de solicitude será o 15 de novembro de 2019.

A duración da bolsa é dun ano e a dotación mensual de 1.000 euros.

Máis información: https://www.museobilbao.com/uploads/becas/archivo_es-1-17.pdf