Probas de habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

08 Out 2019

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

Requisitos de participación:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender o público en calquera delas.
e) Aboar a taxa correspondente.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento PR471A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 8 de outubro de 2019 e na Academia Galega de Seguridade Pública:
https://agasp.xunta.gal
formacion.agasp@xunta.gal
Teléfono: 886 206 110