Axudas da UDC a estudantes con dificultades económicas

07 Out 2019

A Universidade da Coruña (UDC) convoca axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2019/2020 na UDC co fin de contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes a obtención dun título universitario oficial de Graduado, Mestrado ou Doutoramento.

Prazo:  ata o 30 de abril de 2020

Convocatoria: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2019/007847