Formación de Tecnólogos no CERN (FTEC- Spanish Traineeship Programme)

07 Out 2019

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 20 axudas de especialización do programa  FTEC- Spanish  Traineeship  Programme para mozos profesionais científicos e  tecnólogos, destinados no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos:
Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que cumpran que non transcorrese máis de catro anos desde a obtención do título universitario requirido.

A duración da axuda será dun ano. Cada beneficiario terá un titor no  CERN e será asignado a un grupo desta institución, no cal desenvolverá a súa actividade en coordinación, seguimento e supervisión dos responsables do programa.

Prazo:  3 decembro de 2019
Máis información no BOE do 7 de outubro de 2019 e en http://www.ciemat.es/