Subvencións para a contratación de axentes de emprego

04 Out 2019

A Consellería de Emprego convoca subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local nos concellos e para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio nas entidades sen ánimo de lucro.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR351B para concellos e TR352B para asociacións sen ánimo de lucro
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de outubro de 2019.
Máis información no DOG do 3 de outubro de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions