Bolsas de formación en materia de vivenda

04 Out 2019

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca seis bolsas para persoas tituladas en grao de estudos de Arquitectura e dúas para persoas tituladas en grado de Arquitectura técnica que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de maña, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:

– Dúas/dous graduadas/os en estudos de Arquitectura e unha/un graduada/o en Arquitectura Técnica nos servizos centrais do IGVS en Santiago de Compostela.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura e un graduada/o en Arquitectura Técnica na Área Provincial do IGVS da Coruña.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Lugo.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Ourense.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Pontevedra.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro de 2019.
Máis información no DOG do 3 de outubro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs