Bolsas do Congreso de Deputados sobre comunicación institucional

03 Out 2019

O Congreso dos Deputados convoca 6 bolsas individuais para realizar traballos ou estudos sobre comunicación institucional relacionados coa actividade parlamentaria.
Cada unha das bolsas terá unha duración de doce meses, e a súa contía total será de 12.900 €.
Requisitos:
Título universitario de licenciado en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual ou Graduado en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.
Nacer con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1991.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2019. (Ampliación de prazo publicada no BOE do 17 de outubro)
Máis información no BOE do 3 de outubro de 2019 e en www.congreso.es