Bolsas do Congreso de Deputados sobre actividades documentais, bibliográficas e arquivísticas

03 Out 2019

O Congreso dos Deputados convoca doce bolsas individuais para a formación práctica en actividades documentais, bibliográficas e arquivísticas da Cámara.

Requisitos:
Estar en posesión dun título universitario de Nivel 3 (Máster) ou superior, en calquera das ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades:
- Título de Máster universitario ao que se accedeu a través dun Grao ou dunha Licenciatura.
- Título de Graduado de polo menos 300 créditos ETCS que comprenda polo menos 60 créditos ETCS de Nivel de Máster, que obtivese este nivel de cualificación mediante resolución do Consello de Universidades.
- Licenciatura con  equivalencia ao Nivel de Máster.
- Título de Doutor.

Ditas titulacións teñen que ser obtidas no curso académico 2013-2014 ou posterior.

Cada unha das doce bolsas terá unha duración de doce meses.
A contía total da bolsa será de 12.900 € brutos por ano

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de outubro de 2019. (Ampliación de prazo publicada no BOE do 17 de outubro)
Máis información no BOE do 3 de outubro de 2019 e en www.congreso.es