16ª edición do Concurso de Poesía ANOMAR

03 Out 2019

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a XVI edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.

As categorías do concurso están divididas por idades:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.
– 2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e
– 3ª categoría: a partir de 18 anos.

Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro 8
15894 Os Tilos-Teo
A Coruña

ou se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo:

anomar@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo axunto, sen poñer o nome da persoa, e no corpo do correo electrónico terán que constar os datos da autora/autor. No asunto indicarase XVI Concurso de Poesía ANOMAR.

O prazo para participar estará aberto ata o 12 de novembro de 2019.

A decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 29 de novembro de 2019.

http://asociacion.arcostilos.org/xvi-concurso-de-poesia-anomar/