Premios extraordinarios nas ensinanzas de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño

02 Out 2019

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño, correspondentes ao curso 2018/19.
Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: 3 na modalidade de Música, 1 na modalidade de Danza e 2 na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Requisitos:

a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de Artes Plásticas e Deseño no curso 2018/19 en centros públicos ou privados autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311F
Máis información no DOG do 2 de outubro de 2019 e en www.edu.xunta.es