“Mocidade”: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia- Norte de Portugal. Santiago de Compostela, 25 – 27 de outubro de 2019

02 Out 2019

11º EMAX: “Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal”

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, coa colaboración dos socios do proxecto Lidera, pon en marcha “Mocidade: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia – Norte de Portugal”, un espazo de formación, creatividade, emprendemento, cultura e lecer que permitirá establecer sinerxías, compartir experiencias, proxectos e ideas, e impulsar á xuventude no seu desenvolvemento persoal e profesional.

O encontro ten como obxectivo promover e estimular a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través dun espazo aberto á participación, ao tempo que fortalecerá os lazos de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, especialmente en temas que melloren a empregabilidade da xuventude.

“Mocidade” promoverá o diálogo entre os participantes galegos e portugueses, pero tamén busca asentarse como un evento de referencia para os mozos e mozas grazas a unha programación multidisciplinar, moderna e á vangarda das novas correntes e sectores emerxentes.

A inscrición neste evento, totalmente gratuíto, dará acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, aos concertos musicais, así como ao aloxamento e manutención durante os tres días do encontro.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Datas de realización: do 25 ao 27 de outubro de 2019.

Lugar de realización:

Museo Centro Gaiás
Monte Gaiás, s/n
15.707 Santiago de Compostela
A Coruña

Destinatarios: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade.

Prazas ofertadas: 400.

Prazo de inscrición: do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2019.

Inscrición: será a través de formulario electrónico.

Adxudicación: as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.


A confirmación da praza farase por correo electrónico no prazo de tres días tras realizar a inscrición. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a fotocopia escaneada do DNI. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico roteiros.ctb@xunta.es indicando no asunto o programa ao que está inscrito.

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de reserva por orde de entrada e no suposto de baixas poderán ser adxudicadas as vacantes por dito orde.

Aviso: a ausencia de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do encontro e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en lista de reserva.

Os/as participantes admitidos/as que por calquera motivo non poidan finalmente asistir ao encontro, deberán comunicalo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través dun correo electrónico (roteiros.ctb@xunta.es) cunha antelación mínima de catro días naturais á data de inicio do evento, co fin de poder asignar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de reserva.

De non facelo así quedarán excluídos da participación en sucesivas edicións deste encontro e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Cobertura: aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

* Mozos/as do Concello de Santiago: manutención pero non aloxamento, salvo que queden prazas vacantes.

O aloxamento será nas instalacións do Monte do Gozo.

Transporte: haberá transporte ata o lugar de realización do encontro dende as cidades de Ferrol, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense.

O servizo de transporte realizarase:

- Venres, 25 de outubro, en horario de mañá, con previsión de chegada a Santiago de Compostela sobre as 13:30 - 14:00 horas.

- Domingo, 27 de outubro, en horario de tarde, con previsión de saída de Santiago de Compostela sobre as 16:00 horas.

A organización farase cargo do transporte das persoas participantes procedentes doutras localidades das sinaladas, sempre que haxa un mínimo de persoas inscritas.

Servizos de transporte Mocidade”: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia- Norte de Portugal. Santiago de Compostela, 25 – 27 de outubro de 2019:

Ruta Día Parada/s Horario saída
A Coruña 25 outubro Igrexa San Pedro de Mezonzo 12.30 h
Ferrrol 25 outubro Parada Bus Eedif.Correos Teatro Jofre 12.30 h
Lugo 25 outubro Estación de Autobuses 12.30h
Orense-Lalín 25 outubro

-Pabellón dos Remedios (Ourense)

-Estación de Autobuses Lalín (entrada)

-12.15 h

-13.00h

Pontevedra 25 outubro Estación de Autobuses 12.50h
Ponteareas-Vigo 25 outubro

-Estación Autobuses Ponteareas (Entrada-Rúa)

-Vigo parada bus C.C.A.Laxe

-12.00h

-12.40h

Santiago cidade 25 outubro

-Parada bus escalinata Estación de Tren Santiago.

-Avda. Rodríguez de Viguri fronte Estación Autobuses Santiago

-13.30h

-13.45h

Monte do Gozo-Santiago 25 outubro

-Parada bus escalinata Estación do Tren Santiago.

-Avda. Rodríguez de Viguri fronte Estación Autobuses Santiago

23.15 h
Santiago cidade 26 outubro

-Parada bus escalinata Estación do Tren Santiago.

-Avda. Rodríguez de Viguri fronte Estación Autobuses Santiago

-9.30h

-9.45h

Cidade da Cultura-Santiago 26 outubro

-Parada bus escalinata Estación do Tren Santiago.

-Avda. Rodríguez de Viguri fronte Estación Autobuses Santiago

00.00h
Santiago cidade 27 outubro

-Parada bus escalinata Estación do Tren Santiago.

-Avda. Rodríguez de Viguri fronte Estación Autobuses Santiago

-10.00h

-10:15h

Monte do Gozo-Santiago 27 outubro

-Parada bus escalinata Estación do Tren Santiago.

-Avda. Rodríguez de Viguri fronte Estación Autobuses Santiago

16.00h
Monte do Gozo 27 outubro

Coruña-Ferrol-Lugo-Ourense/Lalín-Pontevedra-Ponteareas/Vigo.

Con paradas en todas as localidades do día 25.

16.00h

 

Nota: os traslados dos participantes durante o desenvolvemento das actividades será consonte aos horarios establecidos no programa de “Mocidade”.
Os/as participantes deberán viaxar na ruta para que están inscritos/as. En caso contrario, a organización non se responsabiliza si non ten praza para realizar un itinerario que non fose comunicado previamente.

Acreditación: o acceso a todas as actividades do encontro, tanto as desenvolvidas no interior como no exterior, así como ao servizo de manutención e/ou aloxamento, esixe que a persoa moza participante se acredite, como hora límite, ás  10:00 horas do sábado 26 de outubro de 2019. Deste xeito, o horario de acreditación abrirase o venres in situ no evento e finalizará o sábado ás 10:00 horas. De non presentarse neste horario e, salvo causa xustificada, a persoa quedará excluída das actividades programadas.

Para máis información:

subactividades-xuventude.ctb@xunta. gal

+ FORMULARIO DE INSCRICIÓN PRAZAS ESGOTADAS!!!!

PROGRAMA DO ENCONTRO

25 DE OUTUBRO

14:00 h. Chegada dos participantes.

15:00 h. Xantar.

16:15 h. Traslado ata a Cidade da Cultura.

17:00 h. Palabras de benvida.

17:05 h. Mesa redonda:” Emprendemento: da idea á realidade”.

  • Carolina Lodeiro Malde, de Wayna consultora.
  • Pablo Ríos, creador de Woutick.
  • Eva Soto Conde, deseñadora de moda premiada en Xuventude Crea.
  • Ricardo Viana, de Portugal Active.

*Moderadora: Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

18:45 h. Mesa redonda: “Claves para xerar futuro: actitude, aptitude e talento”.

  • Arkano, rapeiro freestyle.
  • Irene Blanco, campeona mundial sub17 de halterofilia.
  • Abelo Valis, artista multidisciplinar.

*Moderadora: Alba Mancebo, xornalista.

20:00 h. Mocidade Festival: música ao vivo.

  • Baiuca
  • Ortiga

22:15 h. Traslado ao Monte do Gozo.

22:30 h. Cea.

26 DE OUTUBRO

08:30 h. Almorzo.

09:30 h. Saída do Monte do Gozo.

10:00 h. Mesa redonda: “Novas profesións: as oportunidades na industria dos videoxogos”.

  • Luz Castro, Ceo Imaxin.
  • Kiko Béjar, Ceo & Executive Production Manager en Benditos Videojuegos, profesor do ICEMD
  • Rodolfo 5Ynco, INYGON.

*Moderadora: Marta Gómez, xornalista.

10:00 h. a 17.00 h. Graffiti en directo cos nove proxectos finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2019.

12:00 h. Charla: “Como funciona un equipo de e-Sports”.

  • Alejandro Marcos, director de marketing de Team Heretics.

  • Marcos Barragan "Marki", creador de contidos de Team Heretics

13:00 h. Showcooking.

  • Lucía Freitas, do restaurante “A Tafona” (Santiago de Compostela).
  • Liliana Duarte, do restaurante "Cor de tangerina" (Guimarães).

14:00 h. Xantar.

16:15 h. Charla: “Xuventude inquieta, xuventude creativa: superación, expresión e creatividade”.

  • El Langui, cantante e artista polifacético.
  • Simultaneamente graffiti en directo de Mon Devane, premiado en Xuventude Crea.

17:30 h. Anuncio dos proxectos gañadores da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2019.

17:45 h. Finais Xuventude Crea 2019

  • Actuación dos grupos finalistas da especialidade de música.
  • Proxección dos proxectos finalistas da especialidade de videocreación.

18:45 h. Mesa redonda: “Comunidade TECH”.

  • Lucía Míguez, Rysia.
  • Marta Verde, artista Visual e Maker.
  • Cora Novoa, DJ e compositora de música electrónica.

* Moderador: Rodrigo Vázquez, xornalista.

20:00 h. Mocidade Festival: música ao vivo.

  • Blanco Palamera
  • Triángulo de Amor Bizarro
  • Cora Novoa

* Cea: no transcurso do festival.

00:00 h. Traslado ao Monte do Gozo.

27 DE OUTUBRO

09:30 h. Almorzo

10:30 h. Saída do Monte do Gozo e realización do último tramo do Camiño de Santiago ata a Praza do Obradoiro.

11:30 h. Percorrido pola zona monumental de Santiago de Compostela.

12:15 h. Saída cara a Cidade da Cultura.

13:00 h. Actuación musical de peche de “Mocidade”

  • Presumido
  • The Sunflowers

14:30 h. Saída cara o Monte do Gozo.

15:30 h. Xantar.

16:00 h. Finalización do encontro.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

1) Punto de recollida de currículos

Durante o encontro, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, como socio do proxecto Lidera, habilitará un punto de recollida de currículos dos mozos e mozas asistentes aos efectos de facelos chegar ás empresas socias da Cámara. Así mesmo, tamén ofrecerá información e asesoramento en materia de emprego.

2) Exhibición de e-Sports

O encontro ofrecerá o venres e o sábado unha zona para a exhibición de e-Sports, na que poderán participar os mozos e mozas participantes.

3) A Fundación Galicia Europa no seu stand poñerá as novas tecnoloxías ao servizo da xuventude emprendedora, que dun xeito participativo interactuará respondendo ás liñas básicas do emprendemento e as novas ideas.

 

PROXECTO LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cun financiamento dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Este encontro forma parte da actividade “Emprende” dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten cun grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha. Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozos , tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.