Queres gravar un disco ou un videoclip?

27 Set 2019

Pois agora é o momento. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da axudas ás empresas fonográficas para o lanzamento de novos/as artistas musicais, buscando o fomento e promoción do talento musical.

A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que deba conter maioritariamente obra de artistas galegos ou que estén interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axudas:
Modalidade A: subvencións para o lanzamento dun primeiro álbum ou dez singles-videosingles para o lanzamento dun artista musical.
Modalidade B: subvencións para o apoio á consolidación do artista.

Ás empresas teñen de prazo ata o 28 de outubro para solicitar as axudas.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402F
Máis información no DOG do 27 de setembro de 2019 e en http://www.agadic.gal/