Xuventur 2019: Programa de educación non formal para a mocidade en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural

20 Set 2019

Que é “Xuventur”?

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha nova edición do programa “Xuventur”·

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Ofrécense distintas alternativas de participación nos meses de outubro e novembro, cunha oferta total próxima ás 600 prazas.

QUEN PODE PARTICIPAR?

“Xuventur” está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Autónoma.

OBXECTIVOS

  • Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal.
  • Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto e posta en valor.
  • Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural galego.
  • Promover a educación ambiental e o ocio saudable.

O PROGRAMA, QUE É GRATUÍTO, INCLÚE:

  • Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas.
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo.
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).
  • O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Consulta aquí toda a información

+ FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Neste momento todos os programas están completos. Se nalgún momento quedasen prazas vacantes se activarán de novo os formularios.)