Prácticas en Euradio

19 Set 2019

Dúas veces ao ano, Euradio, unha emisora de radio europea con sede en Nantes desde 2007 e en Lille desde 2018, dá a benvida aos "Equipos Europeos" de bolseiros de setembro a febreiro e de febreiro a xuño para aprender e colaborar con eles.
Dirixidos por profesionais no campo, os bolseiros participan nunhas prácticas de cinco meses xunto a outros mozos/as de Europa e reciben formación práctica para converterse nun equipo de noticias dentro da emisora de radio. Obteñen experiencia relacionada co proceso editorial e o funcionamento da radio, como falar co micrófono, conducir unha entrevista, editar unha gravación de audio e moito máis.

As solicitudes para os próximos bolseiros europeos que conformarán o equipo número 25 dentro da escola de radio para producir e presentar os programas diarios de Nantes Europe Express, xa están abertas!

O período de prácticas será desde febreiro a xuño de 2020.

Requisitos para participar:
-Ser estudante de xornalismo, comunicación, ciencias políticas ou estudos europeos.
-Estar interesado/a en temas europeos e querer obter unha experiencia formativa no mundo dos Novos Medios Europeos.
-Ter a posibilidade de asinar un acordo de prácticas.
-Ter un bo nivel de francés.

Como solicitar?
-Enviar CV, unha carta de presentación e unha gravación de audio do artigo proporcionado en francés a recrutement@euradio.fr
-Concertarase unha entrevista telefónica con algúns candidatos.

En que consiste?
-Obter unha remuneración mensual de 500€ xunto con outras axudas financeiras como a bolsa Erasmus +.
-Traballar 35 horas á semana.
-Traballar en equipo con outros estudantes europeos xunto cun xornalista profesional.
-Producir e presentar un programa de radio diario Nantes  Europe  Express, que se emite ás 12 en punto e retransmite de 5 a 6 en punto, de luns a venres.
-Participar na preparación dos espectáculos diarios para A Matinale d’Euradio (de 7:30 a 9:00) e Aimez- vous l’ Europe (de 18 a 19 pm).

http://euradio.fr/internship-%E2%80%A2-join-our-european-team-of-journalism/